Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.502 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 persoas apoiaron na/s última/s 1 semana/s.
Faltan tan só 498 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9502 apoios para esta campaña.

  1. Marcelino Sanmarful Rodriguez · 23200
    Hai 9 meses · Fontaneiro, electricista · Leiro Ourense
  2. Yesenia Pérez Martínez · 23199
    Hai 9 meses · Administrativa · A Coruña
  3. Oscar Lamas Longarela · 23198
    Hai 9 meses · A Coruna
  4. Ánxeles Otero del Rio · 23197
    Hai 9 meses · Xubilada · Compostela
  5. Manuel Vilar Álvarez · 23196
    Hai 9 meses · Santiago de Compostela
  6. Miguel Canalejo · 23195
    Hai 9 meses · Actor · A coruña
  7. Maria Aboy · 23194
    Hai 9 meses · Rois
  8. Fátima Fernández Barreiro · 23193
    Hai 9 meses · Investigador · Santiago de Compostela
  9. Xosé Diz Romay · 23192
    Hai 9 meses · Funcionario · Ourense
  10. Carlos Martínez Vázquez · 23191
    Hai 9 meses · Comercial · Ordes
  11. Arturo González Pérez · 23190
    Hai 9 meses · Funcionario · A Coruña
  12. Marinha Souto · 23189
    Hai 9 meses · Caixeira · COMPOSTELA
  13. Graciela Soto Vazquez · 23188
    Hai 9 meses · Vigo
  14. Xaquín Penas Patiño · 23187
    Hai 9 meses · Docente · Santiago de Compostela
  15. Xabier Martínez -Risco Ulloa · 23186
    Hai 9 meses · Autónomo · Ourense

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra