Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.502 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 persoas apoiaron na/s última/s 1 semana/s.
Faltan tan só 498 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9502 apoios para esta campaña.

  1. Christian Iglesias Campos · 23215
    Hai 9 meses · Gandeiro · Caldas de Reis
  2. RAQUEL COUTO ANTELO · 23214
    Hai 9 meses · Administrativa · A CORUÑA
  3. Miguel Vieito Villar · 23213
    Hai 9 meses · Avogado · Outeiro de Rei
  4. Cesar Manso Platas · 23212
    Hai 9 meses · Xestor administrativo · Ferrol
  5. Vanessa Martínez Gómez · 23211
    Hai 9 meses · Docente · Cuntis
  6. Esteban Pereira guerra · 23210
    Hai 9 meses · Enxeñeiro · Ares
  7. Pablo martinez abad · 23209
    Hai 9 meses · Sanitario · A Coruña
  8. Xoán Xesús Carril Ramos · 23208
    Hai 9 meses · Xubilado · Arzúa
  9. Diego Rodríguez Vila · 23207
    Hai 9 meses · Estudante · Oleiros
  10. Anxo suárez · 23206
    Hai 9 meses · Empresarial · Barcelona
  11. Ricard Julià Díaz · 23205
    Hai 9 meses · Estudante de filoloxía · València
  12. Manuel Rey García · 23204
    Hai 9 meses · Profesor · Santiago
  13. Lucía Rosado Pérez · 23203
    Hai 9 meses · Porto de Sta Cruz/Oleiros
  14. vanessa martinez · 23202
    Hai 9 meses · Cuntis
  15. Eva López Rodríguez · 23201
    Hai 9 meses · Docente · Pontevedra

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra