Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.502 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 persoas apoiaron na/s última/s 1 semana/s.
Faltan tan só 498 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9502 apoios para esta campaña.

  1. Ángeles GP · 23245
    Hai 9 meses · Baiona
  2. María do Carmo Fernández Pazos · 23244
    Hai 9 meses · Profesora · A Coruña
  3. María Belén Albor Nimo · 23243
    Hai 9 meses · Noia
  4. Angeles Ares López · 23242
    Hai 9 meses · Xubilada · Doso Narón
  5. Ramiro chaves Mon · 23241
    Hai 9 meses · Monitor deportivo · Cervo
  6. Jovita Álvarez · 23240
    Hai 9 meses · Enfermeira · Vilanova i la Geltrú
  7. Francisco M. López Fernández · 23239
    Hai 9 meses · Mestre · O Pino
  8. Alfredo Rodríguez Rodríguez · 23238
    Hai 9 meses · Xinzo de Limia
  9. Paco Susavila Cajaraville · 23237
    Hai 9 meses · Xubilado · Brión
  10. Beatriz Varandas González · 23236
    Hai 9 meses · Docencia · Vigo
  11. María Encarnación Moldes Cobelas · 23235
    Hai 9 meses · Mestra · O Barco de Valdeorras
  12. Fátima López García · 23234
    Hai 9 meses · Lugo
  13. Laura García Castro · 23233
    Hai 9 meses · docencia · Rairiz de Veiga
  14. Liliana Vázquez Fernández · 23232
    Hai 9 meses · Celanova
  15. José Benito Sarmiento López · 23231
    Hai 9 meses · Limpiador · Piñeira (Ribadeo)

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra