Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.502 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 persoas apoiaron na/s última/s 1 semana/s.
Faltan tan só 498 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9502 apoios para esta campaña.

  1. Patricia Regueira Catoira · 23260
    Hai 9 meses · A Coruña
  2. Raquel Girón Fernández · 23259
    Hai 9 meses · Servizos sociais · Vigo
  3. Xerardo Couto · 23258
    Hai 9 meses · Dobraxe · A Coruña
  4. Sergio Otero Pérez · 23257
    Hai 9 meses · Responsable de marketing · Moaña
  5. Xosé Leal Fariña · 23256
    Hai 9 meses · Xornalista e concelleiro · Bueu
  6. Helena Sánchez Rodríguez · 23255
    Hai 9 meses · Profesora · Santiago de Compostela
  7. Santiago prieto Martínez · 23254
    Hai 9 meses · Profesional comercio · Andorra
  8. M Teresa Riveira Roca · 23253
    Hai 9 meses · Ferrol
  9. Iván Moreira Barreiro · 23252
    Hai 9 meses · Estudante · Agolada
  10. Lucía Painceiras Romero · 23251
    Hai 9 meses · Medioambiente · Fene
  11. Raquel Rodríguez · 23250
    Hai 9 meses · Poio
  12. Ana Loureiro Rivas · 23249
    Hai 9 meses · Enxeñeiro Industrial · Guitiriz
  13. ANA BELEN CRESPO BASTOS · 23248
    Hai 9 meses · O PORRIÑO
  14. Daniel · 23247
    Hai 9 meses · Mestre · Os Blancos
  15. Alba Fernández Rubal · 23246
    Hai 9 meses · Burela

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra