Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.502 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 persoas apoiaron na/s última/s 1 semana/s.
Faltan tan só 498 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9502 apoios para esta campaña.

  1. Elena Fernández González · 23305
    Hai 9 meses · Educadora social · Santiago de Compostela
  2. Fran Blanco · 23304
    Hai 9 meses · Profe de castelán · A Estrada
  3. Paula dacosta iglesias · 23303
    Hai 9 meses · Hostalería · Illa de arousa
  4. José Manuel Sueiro Lamas · 23302
    Hai 9 meses · Operario limpiador · A Coruña
  5. António Míguez Rodríguez · 23301
    Hai 9 meses · Enxeñeiro · Corbillón
  6. Sonia Rosende Lamas · 23300
    Hai 9 meses · Enxeñeira · Tordoia
  7. Rufino Acuña Bacelar · 23299
    Hai 9 meses · Enxeñeiro · Bueu
  8. Brais Abalo Fraile · 23298
    Hai 9 meses · Procurando emprego · Vilagarcía
  9. Daniel señorans romay · 23297
    Hai 9 meses · Mar · Illa de arousa
  10. Eva Cunqueiro Suárez · 23296
    Hai 9 meses · Comercio · Brión
  11. Rosana Freire Calviño · 23295
    Hai 9 meses · Docencia · Bergondo
  12. Xosé Lukas Moledo Santiago · 23294
    Hai 9 meses · Pontevedra
  13. Manuel Ferreirós Sánchez-Guisande · 23293
    Hai 9 meses · Médico · Vigo
  14. Ramiro José Peralta Torres · 23292
    Hai 9 meses · Boqueixón
  15. Julio Cesar de Sá · 23291
    Hai 9 meses · Telecomunicacións · Brasil

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra