Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9598 apoios para esta campaña.

  1. Serafín Núñez Pérez · 23335
    Hai 3 anos · Barbadás
  2. María Dolores García Lestón · 23334
    Hai 3 anos · Ciencia · Santiago
  3. Xabier Guardado Soliño · 23333
    Hai 3 anos · Cangas
  4. Carla Vinseiro Ríos · 23332
    Hai 3 anos · Estudante · A Estrada
  5. Marina Yolanda Bravo Armesto · 23331
    Hai 3 anos · Barcelona
  6. Xosé Antón Sirvent Rodríguez · 23330
    Hai 3 anos · Xubilado · Ourense
  7. Iria Espiño · 23329
    Hai 3 anos · Medicina · Lugo
  8. Diego Vidal Ordóñez · 23328
    Hai 3 anos · Mariñeiro · Malpica
  9. Josefa Recalde Fernández · 23327
    Hai 3 anos · Xubilada · Ames
  10. Paula García Mira · 23326
    Hai 3 anos · Nai, ama de casa · Laxe
  11. Ines filgueira posse · 23325
    Hai 3 anos · Comercial · Brion
  12. Jose Luis Seoane Ruiz · 23324
    Hai 3 anos · Técnico de calidade · Carballo
  13. Pablo Rodal Albés · 23323
    Hai 3 anos · Vigo
  14. Reyes Abad · 23322
    Hai 3 anos · Técnica de Imaxe · A Coruña
  15. Pau · 23321
    Hai 3 anos · Camareira · A Coruña

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra