Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.502 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 persoas apoiaron na/s última/s 1 semana/s.
Faltan tan só 498 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9502 apoios para esta campaña.

  1. Gonzalo Ramos Martínez · 23350
    Hai 9 meses · Carral
  2. Raúl piñeiro fernández · 23349
    Hai 9 meses · Profe · Ourense
  3. Hixinio Castillo Gómez · 23348
    Hai 9 meses · Xubilado · Ourense
  4. Jesus A. Calo Alvarez · 23347
    Hai 9 meses · Artesan prateria · Moaña
  5. Xosé Ramón Alonso Priegue · 23346
    Hai 9 meses · Profesor · Vigo
  6. María Eulalia González Martínez · 23345
    Hai 9 meses · Vilagarcía de Arousa
  7. Raquel Vidal Lopez · 23344
    Hai 9 meses · Atención al cliente · Cambre
  8. Silvis Iglesias Alonso · 23343
    Hai 9 meses · Vigo
  9. Laura Cabanelas Álvarez · 23342
    Hai 9 meses · Ilustradora · Ourense
  10. María Isabel Quintela · 23341
    Hai 9 meses · Advo · Lax e
  11. Antón Paz · 23340
    Hai 9 meses · Industria · Pontevedra
  12. Eulalia López-felpeto · 23339
    Hai 9 meses · Deseñadora gráfica · Santiago
  13. Vanesa Santiago · 23338
    Hai 9 meses · Bibliotecaria/Escritora · A Coruña
  14. ARTUR BENITO · 23337
    Hai 9 meses · RIANXO
  15. Christian iglesias Fernández · 23336
    Hai 9 meses

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra