Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.502 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 persoas apoiaron na/s última/s 1 semana/s.
Faltan tan só 498 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9502 apoios para esta campaña.

  1. Manuel Otero Pérez · 23365
    Hai 9 meses · Retirado · Bueu
  2. Henrique García Vázquez · 23364
    Hai 9 meses · Mestre · A Coruña
  3. María Ángeles Rodríguez Santos · 23363
    Hai 9 meses · Deseño gráfico · Vilagarcía de Arousa
  4. María José Feijoo Alen · 23362
    Hai 9 meses · Autónoma · Celanova
  5. Alberte Diéguez Boo · 23361
    Hai 9 meses · Enxeñeiro informático · Ourense
  6. Lois Anxo Ferreiro Bestilleiro · 23360
    Hai 9 meses · Técnico naval · Betanzos
  7. Luís Rodríguez Fernández · 23359
    Hai 9 meses · Xubilado · Pontedeume
  8. Marcos Cobas Garcia · 23358
    Hai 9 meses · informático · A Coruña
  9. José Benigno Santamaría Castro · 23357
    Hai 9 meses · Estudante · Santa Comba
  10. marta perez mosquera · 23356
    Hai 9 meses · docente · RIANXO
  11. Severino Figueiras Lestón · 23355
    Hai 9 meses · Enfermeiro · Muros
  12. Mónica Galiñanes · 23354
    Hai 9 meses · Administrativa · Soutomaior
  13. Verónica Méndez Paz · 23353
    Hai 9 meses · Logopeda · O Valadouro
  14. Xosé Cañizo Martínez · 23352
    Hai 9 meses · Xubilado · Raso. Brens
  15. Xeila Rodriguez Juanes · 23351
    Hai 9 meses · Estuda te · Lugo

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra