Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9598 apoios para esta campaña.

  1. Anxo bugeiro de frutos · 23380
    Hai 3 anos · Xubilado · Rinlo
  2. j.ramon alonso · 23379
    Hai 3 anos · autonomo · vigo
  3. María José Ríos Santomé · 23378
    Hai 3 anos · Funcionaria · Moaña
  4. SERXIO GÓMEZ VÁZQUEZ · 23377
    Hai 3 anos · Psicólogo · Santa Cruz de Tenerife
  5. José Manuel Pena Gayo · 23376
    Hai 3 anos · Moaña
  6. Eva Ortega Iñarrea · 23375
    Hai 3 anos · Docente · Moaña
  7. Claudia Felípez Abad · 23374
    Hai 3 anos · Estudante · A Coruña
  8. Marta Dacosta Alonso · 23373
    Hai 3 anos · Escritora · Gondomar
  9. Adrián R. Bravo · 23372
    Hai 3 anos · Vigo
  10. Tamara Carril Casanova · 23371
    Hai 3 anos · Optometrista · Santiago de Compostela
  11. Héctor Sandiás Figueira · 23370
    Hai 3 anos · Rianxo
  12. Severino Somoza Pereiras · 23369
    Hai 3 anos · Compostela
  13. Sara · 23368
    Hai 3 anos · Veterinaria · Rianxo
  14. Mónica Pazos · 23367
    Hai 3 anos · Profesora · Foz
  15. Lola alonso castro · 23366
    Hai 3 anos · Xubilada · rinlo-ribadeo

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra