Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9599 apoios para esta campaña.

  1. Virginia Varela Pazos · 23020
    Hai 3 anos · Fene
  2. Cristina Varela Pazos · 23019
    Hai 3 anos · Fene
  3. Sonia Castelo Pérez · 23018
    Hai 3 anos · Actriz · Madrid
  4. Antonio Pérez Táboas · 23017
    Hai 3 anos · Estudante · O Porriño
  5. Ramom Lôpez-Suevos · 23016
    Hai 3 anos · Professor reformado · Teu
  6. Begoña Gonzalez Carballo · 23015
    Hai 3 anos · Xornalista · A Coruña
  7. María Isabel López Iglesias · 23014
    Hai 3 anos · Mestra · Friol
  8. Xan Fernández Bello · 23013
    Hai 3 anos · Funcionario · Compostela
  9. Ana Veira García · 23012
    Hai 3 anos · Xubilada · Pontedeume
  10. Elvira Souto · 23011
    Hai 3 anos · Professora reformada · Teu
  11. Raul Alonso · 23010
    Hai 3 anos · Actor · Vigo
  12. Marta Pérez Torre · 23009
    Hai 3 anos · Actriz · Santiago
  13. Xermana Carballido Osorio · 23008
    Hai 3 anos · Xubilada · Os Anxeles-Brión
  14. Flora Miranda Pena · 23007
    Hai 3 anos · Médica · Santiago
  15. Inácio Pavón Barbagelata · 23006
    Hai 3 anos · Sindicalista · Ames

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra