Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.501 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 nas últimas semanas [17].
Faltan tan só 499 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9501 apoios para esta campaña.

  1. Germán Rivas Roade · 23425
    Hai 9 meses · Conductor · Vigo
  2. Roberto ferreira guerra · 23424
    Hai 9 meses · Enerxias renovables · Boiro
  3. Rosa Estévez Gantes · 23423
    Hai 9 meses · Cangas
  4. Xiana Rico Castro · 23422
    Hai 9 meses · Investigadora predoutoral · OURENSE
  5. Iván Iglesias Iglesias · 23421
    Hai 9 meses · Xornalista e Técnico Audiovisual · Ourense
  6. José Ramón RodríguezIglesias · 23420
    Hai 9 meses
  7. Celia María Alvite Alonso · 23419
    Hai 9 meses · Técnico Superior Educación Infantil · Vigo
  8. Xose Fernandez · 23418
    Hai 9 meses · Operario · Cervo
  9. Marga Méndez Varela · 23417
    Hai 9 meses · Monforte de Lemos
  10. Felipe gomez · 23416
    Hai 9 meses · Letrado y asesor · Bsrakaldo
  11. Rosa Mari González Carrera · 23415
    Hai 9 meses · Profesora · O Barco
  12. Ana María García García · 23414
    Hai 9 meses · Mestra · Vigo
  13. Javier Cindins Pose · 23413
    Hai 9 meses · Operario · Laxe
  14. Luís Nogueiras Fernandez · 23412
    Hai 9 meses · Psicólogo Clinico · Allariz
  15. Catalina Baldomar Álvarez · 23411
    Hai 9 meses · Laxe

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra