Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.501 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 nas últimas semanas [17].
Faltan tan só 499 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9501 apoios para esta campaña.

  1. Ruben Novoa Alvarez · 23470
    Hai 9 meses · Vigo
  2. Ana Santome · 23469
    Hai 9 meses · Redondela
  3. Carmen maria villar neira · 23468
    Hai 9 meses · Auxiliar administrativo · Laxe
  4. Darío Saavedra · 23467
    Hai 9 meses · Docente · Baleira
  5. Maricarmen Villaverde Vázquez · 23466
    Hai 9 meses · Funcionaria · Sigüeiro-Oroso
  6. José María Barca López · 23465
    Hai 9 meses · Profesor · Santiago
  7. Emilio Graña Mosquera · 23464
    Hai 9 meses · Sada
  8. Emilia Rosende Paz · 23463
    Hai 9 meses · Xubilada · Bilbao
  9. Isabel Gómez Basadrr · 23462
    Hai 9 meses · Xornalista · Padrón
  10. Raquel Senra Fernández · 23461
    Hai 9 meses · Tradutora e ilustradora · Santiago de Compostela
  11. Sonia Méndez López · 23460
    Hai 9 meses · Parada · Lugo
  12. Rocío Dourado Ordóñez · 23459
    Hai 9 meses · Administrativa · Laxe
  13. Yaiza Pastotiza · 23458
    Hai 9 meses · Administrativa · Cangas
  14. Miguel Vijande Cea · 23457
    Hai 9 meses · empresario · A CORUÑA
  15. Bibiana Vázquez Amado · 23456
    Hai 9 meses · Laxe

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra