Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.501 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 nas últimas semanas [17].
Faltan tan só 499 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9501 apoios para esta campaña.

  1. Teresa López González · 23500
    Hai 9 meses · Bueu
  2. Sandra Pérez Míguez · 23499
    Hai 9 meses · Docente no Ensino Público · Tui
  3. Adriana Suárez mourelle · 23498
    Hai 9 meses · Laxe
  4. Plácido Valencia Rodríguez · 23497
    Hai 9 meses · Sindicalistas · Ourense
  5. Roberto Cayetano Fernandez · 23496
    Hai 9 meses · Parado · Arbo
  6. María Mercedes García González · 23495
    Hai 9 meses · Mestra pt · O Carballiño
  7. Mar Bargiela Casasnovas · 23494
    Hai 9 meses · Estudante · Ponteareas
  8. Ángel Álvarez Hermida · 23493
    Hai 9 meses · Arbo
  9. Carlos Calo Santiago · 23492
    Hai 9 meses · Enxeñeiro Industrial · Vigo
  10. Ana Rodríguez Barreiro · 23491
    Hai 9 meses · Profesora · Lugo
  11. Dores Vidal · 23490
    Hai 9 meses · Administrativa · A Estrada
  12. Ana María Teira · 23489
    Hai 9 meses · Administrativa · AGUIÑO
  13. LOIS MANOEL TOIRÁN VÁZQUEZ · 23488
    Hai 9 meses · Mestre · Baralla
  14. Teresa Callís Sol · 23487
    Hai 9 meses · Xubilada · O Rosal
  15. Iolanda Alonso Regueiro · 23486
    Hai 9 meses · Funcionaria · Vigo

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra