Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9599 apoios para esta campaña.

  1. Laura López Legaspi · 23515
    Hai 3 anos
  2. Miryan Miguéns Filgueira · 23514
    Hai 3 anos · Docente · Noia
  3. Estefanía Otero Vilas · 23513
    Hai 3 anos · ANPA · Vilaboa
  4. Rafael Bargiela González · 23512
    Hai 3 anos · Ponteareas
  5. Eva María Patiño Gesto · 23511
    Hai 3 anos · Operaria · Carballo
  6. Carlos Martínez Riveiro · 23510
    Hai 3 anos · Estudante · Cerdedo-Cotobade
  7. Silvia · 23509
    Hai 3 anos · Administrativa · A Coruña
  8. Olalla Piñeiro Pena · 23508
    Hai 3 anos · Santiago de Compostela
  9. Ramiro · 23507
    Hai 3 anos · Xubilado · Cambados
  10. María Barreiro · 23506
    Hai 3 anos · Estudante · Ames
  11. Afonso Xosé Marcet Carrera · 23505
    Hai 3 anos · Vigo
  12. Xoán Ramón Villa Castro · 23504
    Hai 3 anos · Técnico · O Rosal
  13. Raquel Castro Fernandez · 23503
    Hai 3 anos · A Laracha
  14. Ana María Pazo Blanco · 23502
    Hai 3 anos · Xubilada · S.Compostela
  15. Iván Tenorio Gallego · 23501
    Hai 3 anos · Electricista · Vilaboa

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra