Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.501 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 nas últimas semanas [17].
Faltan tan só 499 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9501 apoios para esta campaña.

  1. Jesús Buján Vilela Carlos · 23545
    Hai 9 meses · xubilado · A Coruña
  2. Ismael Rivas Martínez · 23544
    Hai 9 meses · Opositor · Moaña
  3. Estefania Ferreira Perez · 23543
    Hai 9 meses · Administrativa · Cangas
  4. Oscar Blanco Nuñez · 23542
    Hai 9 meses · Soldador · Noia
  5. Roberto Cruz Sendón · 23541
    Hai 9 meses · Axente Comercial · Noia
  6. Olalla Alfaya Casas · 23540
    Hai 9 meses · Educadora · Cangas
  7. Xan Freire Otero · 23539
    Hai 9 meses · Empregado do Sergas · Compostela
  8. Luis Carreira Rodríguez · 23538
    Hai 9 meses · Asalariado · Santiago de Compostela
  9. INMACULADA RODRÍGUEZ DIAS · 23537
    Hai 9 meses · MESTRA DE PRIMARIA · BUEU
  10. Samuel Pampillon Davila · 23536
    Hai 9 meses · Comercial · O Porriño
  11. Victor Paz · 23535
    Hai 9 meses · Empresario · Madrid
  12. Olga Nogueira Fernandez · 23534
    Hai 9 meses · Nai · Redondela, Ventosela
  13. Dolores Dominguez Santos · 23533
    Hai 9 meses · Profesra de Universidade xubilada · Santiago de Compostela
  14. Rosana Pérez Fernández · 23532
    Hai 9 meses · Funcionaria · A Pobra do Caramiñal
  15. Emilio López Parga · 23531
    Hai 9 meses

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra