Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9598 apoios para esta campaña.

  1. Gustavo Antonio Tojo Fernández · 23560
    Hai 3 anos · Profesor · Santiago de Compostela
  2. Gonzalo Valcárcel Nogueira · 23559
    Hai 3 anos · Xubilado · A Estrada
  3. María Matilde Martínez Rodríguez · 23558
    Hai 3 anos · Mestra · Culleredo, A Coruña
  4. Celsa Arenas Montes · 23557
    Hai 3 anos · Xubilada · A Coruña
  5. Miguel Arteaga · 23556
    Hai 3 anos · Llion
  6. Nuria Otero Alonso · 23555
    Hai 3 anos · Pastora · Ponteareas
  7. Lucia Diaz Nicolino · 23554
    Hai 3 anos · Profesora · Verin
  8. Iria Castro Fernández · 23553
    Hai 3 anos · Tradutora · Castroverde
  9. Xesús Fernández · 23552
    Hai 3 anos · Celador · A Coruña
  10. Antonio Fernández López · 23551
    Hai 3 anos · Ourense
  11. Florencia Campanella Alonso · 23550
    Hai 3 anos · Estudante e Profesora · O Porriño
  12. Jose Antonio Gonzalez barbeito · 23549
    Hai 3 anos · Mestre · A coruña
  13. Anuncio Moroño Noia · 23548
    Hai 3 anos · Xubilado Comercio Alimentación · A Coruña
  14. Marta Nogueira González · 23547
    Hai 3 anos · Repoñedora · Lugo
  15. Xose Lois Freire Dominguez · 23546
    Hai 3 anos · Xubilado · Ourense

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra