Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.501 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 nas últimas semanas [17].
Faltan tan só 499 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9501 apoios para esta campaña.

  1. Senén Carrón Curros · 23590
    Hai 9 meses · Atención ao cliente · A Coruña
  2. Damián Valverde Rodilla · 23589
    Hai 9 meses · Diretor consultoría · O Rosal
  3. Nerea Vázquez Ulloa · 23588
    Hai 9 meses · Ordes
  4. Uxía Fernández · 23587
    Hai 9 meses · Vigo
  5. Patricia Herráez Sánchez · 23586
    Hai 9 meses · Santiago de Compostela
  6. Ana Isabel Budiño Gestido · 23585
    Hai 9 meses · Actriz · Moaña
  7. Manuel Carballas · 23584
    Hai 9 meses · Hostelería
  8. Rossana Couto Lago · 23583
    Hai 9 meses · Tradutora · Ordes
  9. Eva Lama Izquierdo · 23582
    Hai 9 meses · Xinzo de Limia
  10. Alice Afonso Crespo · 23581
    Hai 9 meses · fisioterapeuta · Toén
  11. Xosé Barreiro · 23580
    Hai 9 meses · Docente · Compostela
  12. Xosé López Somoza · 23579
    Hai 9 meses · Xubilado · O páramo
  13. Xabier Ferreiro Ponte · 23578
    Hai 9 meses · O Burgo
  14. Luísa Pita Rubido · 23577
    Hai 9 meses · Profesora · Fene
  15. Amparo Gómez Novo · 23576
    Hai 9 meses · A Coruña

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra