Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9598 apoios para esta campaña.

  1. Mariña Rodriguez Ferrer · 23620
    Hai 3 anos · Administrativa · Lugo
  2. María Luz Barreiro Otero · 23619
    Hai 3 anos · Docente · Muros
  3. Laura González González · 23618
    Hai 3 anos · Arquitecta · Basel (Suíza)
  4. Miriam Fraga López · 23617
    Hai 3 anos · A Coruña
  5. Abel Vale López · 23616
    Hai 3 anos · Mestre · Viveiro
  6. Rubén González Gago · 23615
    Hai 3 anos
  7. M. Teresa FraileLopez · 23614
    Hai 3 anos · Vilagarcia de arousa
  8. Elena Fernández Montes · 23613
    Hai 3 anos · Empregada pública · Chantada
  9. Inés Amoedo Ortega · 23612
    Hai 3 anos
  10. Rocío Vázquez Barrero · 23611
    Hai 3 anos · TCAE · A Coruña
  11. Antonio Fernández Jorge · 23610
    Hai 3 anos · Técnico informático · A Coruña
  12. Sergio Arroyos Diaz · 23609
    Hai 3 anos · Periodista · Verin
  13. Maria Prado-López · 23608
    Hai 3 anos · Música · Ordes
  14. Xose E. Carbajal Porto · 23607
    Hai 3 anos · Actor · A estrada
  15. Yolanda Mosquera Costoya · 23606
    Hai 3 anos · Profesora · Arteixo

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra