Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.501 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 nas últimas semanas [17].
Faltan tan só 499 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9501 apoios para esta campaña.

  1. Pablo Pardo Fernandez · 23665
    Hai 9 meses · Enxeñeiro · Vigo
  2. Ana Belén Parodi Barrera · 23664
    Hai 9 meses · Enxeñeira técnico · Ponteareas
  3. Yolanda Souto García · 23663
    Hai 9 meses · Mestra de Educación Infantil · Milladoiro
  4. Óscar García Ramos · 23662
    Hai 9 meses
  5. Beatriz Cornide Suarez · 23661
    Hai 9 meses · Santiago de Compostela
  6. Consuelo López Sarceda · 23660
    Hai 9 meses · Artesá · Lugo
  7. Sara Fernández Lozano · 23659
    Hai 9 meses · Profesora · Rábade
  8. Raquel Fernández · 23658
    Hai 9 meses · Pontedeume
  9. Ismael Lago Blanco · 23657
    Hai 9 meses · Estudante universitario · Vigo
  10. Xosé ramon blanco Sueiro · 23656
    Hai 9 meses · Moraña
  11. Brais González Rellán · 23655
    Hai 9 meses · Ponteareas
  12. Manuel Sande Mariño · 23654
    Hai 9 meses
  13. Luís Pérez Barral · 23653
    Hai 9 meses · Técnico de normalización lingüística · Ribeira
  14. Xosé Carlos Miguez Quintela · 23652
    Hai 9 meses · Santiago de Compostela
  15. Angeles Riveiro cadalderrey · 23651
    Hai 9 meses · Farmaceutico · Pontevedra

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra