Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9598 apoios para esta campaña.

  1. Pablo Iglesias Valeiras · 23065
    Hai 3 anos · Reformado · A Merca
  2. Eva Pedre Martínez · 23064
    Hai 3 anos
  3. Marta María Lado Insua · 23063
    Hai 3 anos · Actriz · Santiago de Compostela
  4. Santiago Cortegoso Calvar · 23062
    Hai 3 anos · Dramaturgo · Caldas de Reis
  5. Deli Garrido Fernández · 23061
    Hai 3 anos · Vigo
  6. David Seijo Sanmiguel · 23060
    Hai 3 anos · Artista · Vilagarcia de Arousa
  7. Antía Alonso Garrido · 23059
    Hai 3 anos · Vigo
  8. Alberto Barreiro Docampo · 23058
    Hai 3 anos · Profesor · BETANZOS
  9. Carlos Outeiro Baamonde · 23057
    Hai 3 anos · Delegado sindical · Valdoviño
  10. María do Carme Castro Pereira · 23056
    Hai 3 anos · Mestra retirada · Valdoviño
  11. Paula morado ardao · 23055
    Hai 3 anos · Actriz · Ferrol
  12. Pablo Santa Cruz Martinez-Risco · 23054
    Hai 3 anos · Operador de camara · Ourense
  13. Roi Bellas Mored · 23053
    Hai 3 anos · Carniceiro · Sada
  14. Paula Rodríguez Fraga · 23052
    Hai 3 anos · Guía Oficial de Turismo de Galicia · Caldas de Reis
  15. Chus Mourín González · 23051
    Hai 3 anos · Docente de secundaria · LUGO

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra