Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.502 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 persoas apoiaron na/s última/s 1 semana/s.
Faltan tan só 498 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9502 apoios para esta campaña.

  1. Xosé Farruco Graña Rama · 23080
    Hai 9 meses · Profesor de Secundaria · Ribadeo
  2. Paula Meizoso Alonso · 23079
    Hai 9 meses · Informática · Ferrol
  3. Marian Santos alonso · 23078
    Hai 9 meses · Administracion · A coruña
  4. Jesús Salgado López · 23077
    Hai 9 meses · Actor · Ourense
  5. Dores Fernandez Abel · 23076
    Hai 9 meses · Profesora · Ribadeo
  6. PABLO RODRÍGUEZ COSTAS · 23075
    Hai 9 meses · Fisioterapeuta · VIGO
  7. Manuel Francisco Méndez López · 23074
    Hai 9 meses · Administrativo · A Coruña
  8. Maria Jesus Vazquez Piñeiro · 23073
    Hai 9 meses · Pensionista · Pontedeume
  9. FRANCISCO jose Picado vazquez · 23072
    Hai 9 meses · Parado · ESPIÑO- Lians (Oleiros)
  10. Yaiza Martínez Velázquez · 23071
    Hai 9 meses · Estudiante · Vigo
  11. Maria Jose Alonso abalde · 23070
    Hai 9 meses · Enfermería · A coruña
  12. Concha Alonso Febrero · 23069
    Hai 9 meses · Cartelle
  13. Ramón Coira Luaces · 23068
    Hai 9 meses · Xubilado · Ourense
  14. Carlos García Vieito · 23067
    Hai 9 meses · Santa Comba
  15. Gloria Maria Viana Rivera · 23066
    Hai 9 meses · Administrativa · Seixalbo

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra