Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.502 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 persoas apoiaron na/s última/s 1 semana/s.
Faltan tan só 498 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9502 apoios para esta campaña.

  1. Amador Fernández Lloves · 23095
    Hai 9 meses · Pensionista · Ourensexubilado
  2. Mirian Bouso Gallego · 23094
    Hai 9 meses
  3. Asunción Veloso Peaguda · 23093
    Hai 9 meses · Xubilada · Moaña
  4. raul saborido candamo · 23092
    Hai 9 meses · A coruña
  5. Beni Sánchez Neira · 23091
    Hai 9 meses · Limpieza · A Coruña
  6. Amalia Tajes Lariño · 23090
    Hai 9 meses · A Coruña
  7. Luana · 23089
    Hai 9 meses · Docente · A Coruña
  8. Alberto García Vázquez · 23088
    Hai 9 meses · Asesor de empresas · A Coruña
  9. Noelia Saborido Candamo · 23087
    Hai 9 meses · Limpiadora · Coruña /la
  10. Patricia Sánchez Seoane · 23086
    Hai 9 meses · Autónoma · Teixeiro (Curtis)
  11. Xoán Manuel Andrade Vidal · 23085
    Hai 9 meses · Santiago de Compostela
  12. Iria Ces López · 23084
    Hai 9 meses · Profesora de danza · Ferrol
  13. Sara Ces Lopez · 23083
    Hai 9 meses · Xestor Administrativo · Ferrol
  14. Milagros Saborido Candamo · 23082
    Hai 9 meses · A coruña
  15. Karina Pereira Rei · 23081
    Hai 9 meses · A Coruña

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra