“Autopistas del Atlántico” responsabiliza a Xunta da deturpación de topónimos nas autoestradas galegas

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a vulneración da escasa lexislación que ampara o galego por parte da mesma institución que ten obriga de defendela, a Xunta de Galiza

Tras as inumerábeis queixas recibidas na Liña do Galego polos letreiros con topónimos deturpados nas autoestradas galegas, A Mesa pola Normalización dirixiuse a “Autopista del Atlántico” para exixirlles o cumprimento da legalidade, que establece que a única forma válida dos topónimos é a galega.IMG_20160421_143035

Na súa resposta, “autopistas del Atlántico, CESA” responsabiliza directamente á Axencia de Turismo de Galiza da colocación dos sinais.

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a vulneración da escasa lexislación que ampara o galego por parte da mesma institución que ten obriga de defendela, a Xunta de Galiza. Ademais, insta ao goberno autonómica a repor inmediatamente a toponimia galega, a única correcta e legal.

AP9

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra