Noticias da Mesa

Baía Edicións, empresa adherida a Abertos ao Galego, presenta un novo web informativo

Baía Edicións conta, até o momento, cunha web-tenda (www.baiaedicions.net) onde están incorporados todos os títulos que actualmente temos publicados. Nela podemos visualizar as súas coleccións, os libros que compoñen cada unha delas, así como a información de cada un dos títulos: autoría, ilustración, ISBN, páxinas, comentario da obra, imaxe da capa do libro etc. incluíndo tamén a opción de compra ou de agasallo segundo nos interese. No caso de libros de narrativa, tanto de adultos como de infantil-xuvenil, contamos coa posibilidade de visualizar tamén un capítulo do libro, co fin de axudar aos usuarios da rede a facerse unha idea clara do conxunto total da obra, como se estivesemos remexendo nos títulos que atopamos na libraría.

 

Neste mesmo web, contamos cun espazo onde incorporamos novas a diario, en relación á actualidade editorial, presentacións etc. Xa que cada día contamos con máis usuarios e estes nos solicitan máis información, pensamos en ampliar o noso web, creando novos espazos onde poder incorporar artigos, reseñas, imaxes, vídeos etc. Un espazo interactivo, onde a editorial, os autores, colaboradores e calquera persoa que o desexe poida compartir a súa opinión sobre os artigos que, neste novo web, se expoñen. Neste novo espazo web incorporamos varios apartados: Novas sobre a actualidade, Material didáctico, Xuntanza de escritoras, Encontro coa natureza, galería de imaxes e vídeos, e unha serie de recomendacións que Baía Edicións fai a todos os usuarios.

 

No apartado ‘Xuntanza de escritoras’ serán as escritoras as protagonistas deste espazo. Terán a posibilidade de incorporar artigos, reseñas, notas, relatos etc. O que queremos con este espazo é que non sexa unha simple exposición de textos, pretendemos que sexa algo máis…. un espazo para as escritoras, para que falen do seu papel na sociedade, de como ven a literatura. Co apartado ‘Encontro coa natureza’ pretendemos achegar a natureza a todo o mundo (nenos, adultos, especialistas etc.), incorporando no mesmo, reseñas, calendario de conmemoracións, artículos de opinión, consellos medioambientais etc. Pretendemos que sexa un espazo no que poda participar todo o mundo, enviándonos todos aqueles escritos, artigos, reseñas… que consideren interesante compartir.  

 

A presentación deste novo espazo de Baía Edicións será o día 11 de abril! Esperamos as vosas suxestións e recomendacións para facer deste novo espazo web un lugar de encontro para todas e todos, amantes da literatura e da natureza!

 

Se o que queres é información, visítanos en www.baiaedicions.net/editorial

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis