A Mesa pola Normalización Lingüística

Carballo organiza unha nova edición do Obradoiro de nanas en galego

Impartirao Xabier Díaz coa colaboración de Guillerme Fernández

O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza un ano máis un obradoiro de nanas dirixido a nais e pais, presentes ou futur@s, así como a outr@s familiares, formador@s ou persoas interesadas que queiran aprender ou practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os seus bebés.

O obradoiro será impartido polo músico bergantiñán Xabier Díaz, cantante dos grupos Berrogüetto e aCadaCanto e que, entre outros proxectos, publicou hai dous anos o exitoso disco “Arrolos de salitre”, un álbum que contén precisamente 11 cantos de berce en galego. Este disco foi editado xunto co músico Guillerme Fernández, tamén músico de Berrogüetto e aCadaCanto, e que tamén participará neste obradoiro.

O obradoiro desenvolverase o mércores 20 e o mércores 27 de novembro, en horario de 17.00 a 19.00 horas, no Pazo da Cultura de Carballo. A inscrición é gratuíta e pode facerse no Servizo de Normalización Lingüística (no Pazo da Cultura) ou no teléfono 981 704 304, en días laborábeis en horario de mañá.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra