Noticias da Mesa

Carlos Callón: “Se mudásemos o secretario xeral de Política Lingüística por unha estatua de cera ninguén se decataría”

A Mesa denuncia que o Goberno español “inventa topónimos castelanizados novos, que non se viron nin no franquismo”

“A ver se o Goberno español é capaz de encontrar alguén que lle chame Castiñeras a Castiñeiras”

A maior asociación cultural de Galiza leva tempo denunciando “a involución no uso correcto e oficial dos nosos nomes de lugar” por parte da Administración

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Ribeira, 19 de febreiro de 2014.-A Mesa pola Normalización Lingüística, que leva meses denunciando “que está a recruar o proceso de deturpación dos nosos topónimos, algo que a inmensa maioría da sociedade galega desexaría como un problema superado”, dirixiuse ao Goberno español para lle pedir que explique “como é o proceso que levan a cabo para castelanizaren nomes de lugar que non apareceran deturpados nin no franquismo”. A asociación dirixida por Carlos Callón refírese por exemplo a un comunicado oficial do Ministerio de Agricultura en que se rebautiza a parroquia ribeirá de Castiñeiras como Castiñeras ou A Revolta como Revuelta.

 

O presidente da maior asociación cultural de Galiza, que ademais é proveniente desa parroquia, reta o Goberno español “a que encontre unha soa persoa –fóra do propio Goberno español– que lle chame Castiñeras a Castiñeiras” e pregúntase “como pode ser o proceso polo cal a Administración de Rajoy decide desgaleguizar os topónimos galegos”. Así, sinala que “se for a través dun tradutor automático, como no célebre caso en que o ex-conselleiro de Cultura de Feijóo lle chamou Desván de los  Monjes a Sobrado dos Monxes, Castiñeiras sería Castañares”. “Mais aquí parece que é unha castelanización aínda máis chafalleira, cun desprezo absoluto pola nosa realidade”, observa.

 

Callón pregunta tamén ao secretario xeral de Política Lingüística se “ten sangue no corpo para aturar que un día tras outro o Goberno español e TVE incumpran a Lei de normalización lingüística e non abrir nin media boca”. “Abofé que se mudásemos o secretario xeral de Política Lingüística por unha estatua de cera, ningúen se decataría, pois non move un dedo para defender os dereitos lingüísticos das galegas e dos galegos, nin no ensino, nin na Administración, nin nos medios de comunicación, nin tan sequera para que se respecte o cativo marco legal que nos ampara”, conclúe.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis