Noticias da Mesa

Carta da nena de Casas Novas

Quería darvos as grazas por todo o que fixechedes, perdendo o voso tempo en min, apoiandome indo a Casas novas en lugar de facer outras cousas.

Grazas a vós síntome máis acompañada. Pero quero que sepades que o meu propósito é que non llo fagan a outra persoa.

Bicos para todos e todas.

29 de xullo 2015

Este é o texto da carta que fixo chegar á Mesa pola Normalización Lingüística, para todas as persoas que lle mostraron o seu apoio estes días por diferentes medios ou participando na concentración da pasada cuarta feira a nena que sufríu humillacións no Centro hípico Casas Novas por falar galego.

Da Mesa pola Nomalización queremos agradecer a valentía e actitude de firmeza perante unha agresión destas características á que soubo enfrontarse e dar o paso de o denunciar.

Cada verán en moitos campamentos do noso país, moitas nenas e nenos sofren humillacións e desprezos sememellantes por falaren a nosa lingua. Moitas veces as nais e pais chaman á Mesa para informar mais son moi poucas as veces que dan o paso de denuncialo publicamente.

Compartimos con esta nena o desexo de que acontecementos coma este non se volten repetir en Galiza nunca máis e traballaremos sen descanso até conseguilo.

Queremos agradecer tamén toda a enorme resposta social perante estes feitos, capaz de vencer todas as barreiras informativas, evidenciando que somos miles as persoas que nos identificamos coa nena, co que sufríu e coa resposta que soubo dar.

Lembramos para calquera queixa e denuncia a Mesa conta coa Liña do Galego. Para te pores en contacto coa Liña, só tes que nos chamar ao número 902 106 474 ou escribir a linhadogalego@amesa.gal 

Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que desde o ano 2007 atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantir o dereito a vivir en galego.

Moitas e moitos galegofalantes continúan a considerar normal a exclusión do seu idioma e iso é algo que queremos axudar a mudar, porque cando a poboación non é consciente dos seus dereitos, existe un défice democrático, que cómpre corrixir.

A idea de que hai dereitos lingüísticos en Galiza, tanto individuais como colectivos, non está asentada, canto máis nos territorios onde nin sequera teñen recoñecemento legal estes dereitos. Coa Liña do Galego quérese afortalar o obxectivo de dar cobertura e amparo ás persoas ás que se lles impide desenvolver a súa vida na lingua propia do país.

Cando unha persoa chama ou escribe, ábrese un expediente na base de datos ao que se lle asigna unha numeración para lle poder facer o seguimento. A Liña do Galego garante a completa confidencialidade das persoas que a utilicen, mais en ningún caso tramita queixas anónimas.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang