Noticias da Mesa

CO LEMA “GALEGO.TODO O QUE BUSCAS” ARRINCA O 2 DE MAIO EN OURENSE A XIII EDICIÓN DO CORRELINGUA

O IES Rosalía de Castro acolleu esta mañá a entrega de premios do Certame de

Banda Deseñada, Vídeo e Manifesto ao alumnado gañador.

As carreiras pola lingua percorrerán once comarcas galegas coa participación de

centros de ensino de toda Galiza.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Representantes das entidades organizadoras do Correlingua 2012 presentaron esta mañá en Santiago a decimo terceira edición desta carreira que arrincará o vindeiro 2 de maio na cidade de Ourense e que percorrerá once comarcas baixo o lema “Galego. Todo o que buscas”. No acto entregáronse tamén os premios do Certame de vídeo, Banda Deseñada e do Manifesto ao alumnado dos colexios e institutos participantes. Os centros premiados son CPI Pontecesures (4º da ESO) polo Manifesto, e finalista CPI Ponte Carreira de Frades, en Banda Deseñada o CEE O Pino de Ourense e o CEIP A Laxe de Marín (3-5 anos) e en Vídeo o IES Mosteirón de Sada.

Marta Dacosta, coordinadora do Correlingua, agradeceu a participación do profesorado, do alumnado e o apoio tamén dos pais e nais e explicou que estas actividades previas á celebración do Correlíngua queren ser unha reflexión sobre a situación do idioma e as actividades que se poden pór en marcha para estender o seu uso. Marta Dacosta referiuse á calidade dos traballos presentados e destacou que a mocidade é quen de “pór o acento nas cuestións máis candentes, desta volta, por exemplo, a desaparición de cabeceiras de medios de comunicación en galego”.

No acto , Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino referiuse ao profesorado como a vangarda na loita pola normalización lingüística. “Sen vós sería imposible que o idioma teña a presenza que hoxe ten no ensino”. Que o galego é a lingua que nos une e que en galego podemos facer todo o que queiramos son, en palabras de Carlos Callón, presidente da Mesa po Normalización Lingüística tamén presente no acto, as dúas ideas centrais do Correlingua e da manifestación que se celebrará o vindeiro día 17 polas rúas de Compostela.

Por outra banda, a Tenente Alcaldesa de Ourense, Isabel Pérez González, referiuse á importancia de que as administracións se impliquen de maneira decidida nesta iniciativa e lamentou a decisión do Concello de Santiago que por vez primeira deixa de apoiar o Correlíngua. No mesmo sentido manifestouse tamén Demetrio Gómez Xunqueira, concelleiro de Normalización Lingüística no Concello de Pontevedra, que se referiu ao compromiso desta institución con aquelas actividades en defensa da lingua “un compromiso que se fai máis forte agora que estamos asistindo a ataques continuos ao galego”.

O Correlingua vénse celebrando de xeito regular desde o 2000 aínda que é unha vella iniciativa promovida na súa orixe por entidades culturais. Na actualidade está organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega – Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, os Concellos de Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

As carreiras pola lingua partirán de Ourense e percorrerán once comarcas galegas (Ferrolterra, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, Baixo Miño e O Condado, O Morrazo, Ribeira Sacra e A Mariña) coa participación de centros de ensino de toda Galiza. Cada unha das carreiras rematará cunha festa pola lingua que contará con actuacións teatrais e musicais por parte dos artistas convidados e do propio alumnado.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang