A Mesa pola Normalización Lingüística

Comeza a campaña do libro de texto nas librarías de Abertos ao Galego

As librarías que colaboran con Abertos ao Galego están xa traballando na campaña de libros de texto para o curso 2012-2013

Lembrámosvos cales son as librarías que forman parte de Abertos ao Galego para que poidades facer as vosas compras nestes estabelecementos, que promoven activamente o galego na súa actividade diaria.

 

En Vigo (Urzáiz, 125), a libraría Cartabón oferta a socios e socias da Mesa un desconto do 5% en todos os libros, incluídos os de texto. Podedes pórvos en contacto con eles no 986 372883 ou en lcartabon@verial.es.

 

En Allariz, a libraría Aira das Letras (Emilia Pardo Bazán, 5) fai un 7% de desconto para os libros de educación obrigatoria (primaria e secundaria) e un 5% para o resto para amigos da libraría. Ademais envían os libros sen gastos de envío. Podedes contactar con eles no 988442324 ou en info@airadasletras.com. A súa páxina web é http://airadasletras.com.

 

En Ourense, a libraría A Nova (Xerónimo Feixóo, 11) ten xa a disposición os libros de texto. Podedes reservalos na propia libraría, chamando ao 988238841 ou no correo electrónico libreria_anova@hotmail.com.

 

Tamén en Ourense, a libraría Torga (rúa da Paz, 12) está fechada por reformas, mais volverán atender os seus clientes desde comezos do mes de xullo.

 

Na Laracha, a libraría Como unha novela (Santa Lucía, 65) recolle tamén encomendas de libros de texto. Podedes contactar con eles no 981642111, por correo electrónico (comounhanovela.libraria@facebook.com) ou a través do Facebook https://www.facebook.com/events/356000017806873/.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra