Noticias da Mesa

Concentración diante do Centro Hípico Casas novas en desagravio e solidariedade coa rapariga de 10 anos humillada por falar galego

Convocadas pola Mesa pola Normalización Lingüística, un cento de persoas concentráronse hoxe en resposta e desagravio á humillación que por falar galego que sufríu unha rapariga de 10 anos no Centro Hípico Casas Novas de Arteixo cando acudía a un campamento.

Da Mesa pola Normalización Lingüísitica queremos agradecer e destacar a valentía da rapariga e da súa familia por teren dado o paso de denunciar un feito que lamentábelmente non é puntual nin isolado no noso país nin nos campamentos de verán, aínda que si o sexan as denuncias públicas.

A resposta social, especialmente a través das redes sociais, foi ampla e de total solidariedade e identificación coa nena e a súa familia.

Exiximos que, agora, a administración actúe para que, por fin, este sexa o último caso de desprezo e humillación por falar galego en Galiza. Non queremos ser estranxeiras na nosa patria. Falamos galego e temos dereitos. Queremos vivir en galego con toda normalidade.

DSC_0523 DSC_0516 20150729_125838 20150729_125820 20150729_124451 20150729_124423 20150729_124238

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis