Noticias da Mesa

Convocada Asemblea Xeral da Mesa para o sábado 28 de abril

Será ás 11 horas na sala vermella do Auditorio Municipal de Ourense (rúa da Canle, 2)

A Mesa convocará a partir de agora a súa asemblea xeral cada ano nun concello diferente de Galiza

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Prezada compañeira,

Prezado compañeiro,

Por medio da presente, ficas convocada/o á Asemblea Xeral de Socias e Socios que A Mesa pola Normalización Lingüística realizará o vindeiro 28 de abril no Auditorio Municipal de Ourense (rúa da Canle, 2), ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11 horas en segunda convocatoria (prevese o comezo a esta segunda hora). Desde esta ocasión A Mesa vai realizar a súa asemblea xeral nun concello diferente de Galiza.

A orde de traballos é a seguinte:

  • 1. Debate e aprobación do Regulamento da Asemblea Xeral Extraordinaria.
  • 2. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
  • 3. Admisión e ratificación de altas e baixas.
  • 4. Debate e aprobación da modificación do domicilio social da Mesa nos estatutos da asociación.
  • 5. Exposición e aprobación do Informe de Xestión.
  • 6. Exame e votación do Informe Económico de 2011.
  • 7. Exposición das candidaturas para a nova Comisión Permanente. Debate e elección.
  • 8. Exposición e aprobación, se proceder, da liña de actividades para o próximo ano.
  • 9. Debate e aprobación, se proceder, do orzamento para o próximo exercicio.
  • 10. Rogos e preguntas.

Se tes interese en recibir máis información sobre a proposta de regulamento, por favor solicítao por correo-e a amesa@amesanl.org e serache enviado por ese mesmo procedemento. O tope para a presentación de candidaturas á Comisión Permanente finaliza o día 20 de abril ás 14 horas.

Aproveito a ocasión para che lembrar a importancia de divulgarmos a folga estudantil convocada para o día 19 de abril e a manifestación nacional convocada para o 17 de maio ás 12 h na Alameda de Santiago de Compostela.

Unha forte e animosa aperta,

Carlos Manuel Callón Torres

Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2012

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis