Noticias da Mesa

Convocada unha residencia artística en Irlanda

No marco do Tosta, a embaixada itinerante do Faro das voces, a Deputación da Coruña abriu unha convocatoria para unha residencia artística. O obxectivo principal de TOSTA é crear conciencia sobre a diversidade lingüística e especialmente sobre as linguas e culturas minoritarias ou minorizadas.

A estancia será do 28 de marzo ao 1 de maio de 2016. A convocatoria está dirixida a músicos/as galegos/as de calquera xénero musical.  Os proxectos poden presentarse até o venres, 11 de marzo.

A persoa seleccionada pasará cinco semanas en Irlanda,  integrada na súa comunidade lingüística. Durante a estancia, o/a artista coñecerá a realidade da comunidade de lingua irlandesa e terá apoio para integrarse en ela. Os gastos de residencia correrán a cargo do proxecto, e a persoa seleccionada recibirá ademais 2.500 euros.

Consulta toda a información da convocatoria aquí.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis