Noticias da Mesa

Convocatoria Asemblea Xeral 2017

Prezada socia, prezado socio:

Por medio da presente, ficas convocada/o á Asemblea Xeral de socias e socios que terá lugar o sábado 18 de febreiro ás 10.00 en primeira convocatoria, 10.30 en segunda, no salón de actos do Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela coa seguinte

Orde de traballos:

1.Debate e aprobación do Regulamento da Asemblea Xeral.
2. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
3. Admisión e ratificación de altas e baixas.
4. Exposición e aprobación do Informe de Xestión.
5. Exame e aprobación do Informe Económico do exercicio pasado.
6. Exposición das candidaturas para a Comisión Permanente. Debate e elección.
7. Exposición e aprobación da liña de actividades para o próximo ano.
8. Debate e aprobación do orzamento para o próximo exercicio.
9. Rogos e preguntas.
10. Clausura da Asemblea Xeral.

No acto de clausura, no  que contaremos con convidadas e convidados de outras organizacións, presentarase a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

No caso de teres interese en recibir máis información sobre a proposta de regulamento, por favor solicítao por correo-e a amesa@amesa.gal e serache enviado por ese mesmo procedemento. O tope para a presentación de candidaturas á Comisión Permanente é o día 3 de febreiro ás 14 horas no local nacional da Mesa.

Como vén sendo habitual organizaremos un xantar para aquelas socias e socios que o desexen. A tarde da asemblea está prevista unha visita guiada ao Museo do Pobo Galego que celebra o seu 40 aniversario. Se quixeres participar nestas actividades confirma previamente a asistencia ben a través do correo-e amesa@amesa.gal, ben a través do teléfono 981563885.

Unha forte e animosa aperta

Marcos Maceira Eiras
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

Santiago de Compostela,  18 de xaneiro de 2017

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis