Noticias da Mesa

Convocatoria Asemblea Xeral 2020

A asemblea xeral de socias e socios da Mesa pola Normalización Lingüística  terá lugar en Santiago de Compostela o sábado 18 de xullo ás 10:30 h en primeira convocatoria, 11:00 h en segunda.

Para cumprir coas recomendacións sanitarias e garantir un espazo que garanta a celebración normal dentro das limitacións estebelecidas  respecto ao aforo, o  lugar será indicado após confirmar o número de persoas asistentes. Por este motivo será preciso inscreberse no teléfono 981563885 ou indicando nome, apelidos e documento de identidade no correo amesa@amesa.gal co asunto Asemblea Xeral antes do 3 de xullo de 2020.

 

Orde de traballos:

1.Debate e aprobación do Regulamento da Asemblea Xeral.
2. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
3. Admisión e ratificación de altas e baixas.
4. Exposición e aprobación do Informe de Xestión.
5. Exame e aprobación do Informe Económico do exercicio pasado.
6. Exposición das candidaturas para a Comisión Permanente. Debate e elección.
7. Exposición e aprobación da liña de actividades para o próximo ano.
8. Debate e aprobación do orzamento para o próximo exercicio.
9. Rogos e preguntas.
10. Clausura da Asemblea Xeral.

 

No caso de teres interese en recibir máis información sobre a proposta de regulamento, por favor solicítao por correo-e a amesa@amesa.gal e serache enviado por ese mesmo procedemento. O tope para a presentación de candidaturas á Comisión Permanente é o día 3 de xullo ás 14 horas no local nacional da Mesa.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis