Convocatoria Asemblea Xeral da Mesa 2018

Prezada socia, prezado socio:

Por medio da presente, ficas convocada/o á asemblea xeral de socias e socios que terá lugar o sábado 14 de abril ás 10:30 h en primeira convocatoria, 11:00 h en segunda, no Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela coa seguinte

Orde de traballos:

  1. Debate e aprobación do regulamento da asemblea xeral.
  2. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
  3. Admisión e ratificación de altas e baixas.
  4. Exposición e aprobación do informe de xestión.
  5. Exame e aprobación do informe económico do exercicio pasado.
  6. Exposición e aprobación da liña de actividades para o próximo ano.
  7. Debate e aprobación do orzamento para o próximo exercicio.
  8. Rogos e preguntas.

No caso de teres interese en recibir máis información sobre a proposta de regulamento, por favor solicítao por correo-e a amesa@amesa.gal e serache enviado por ese mesmo procedemento.

Como vén sendo habitual organizaremos un xantar para aquelas socias e socios que o desexen. O día límite para se anotar será o 9 de abril.

Unha forte e animosa aperta,

Marcos Maceira Eiras
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

 

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2018

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra