Noticias da Mesa

Convocatoria asemblea xeral da Mesa 2019

A asemblea xeral de socias e socios da Mesa pola Normalización Lingüística  terá lugar o sábado 23 de febreiro ás 10:30 h en primeira convocatoria, 11:00 h en segunda, na Nave de Vidán, Av. da Mestra Victoria Míguez 44, Santiago de Compostela coa seguinte orde de traballos:

  1. Debate e aprobación do regulamento da asemblea xeral.
  2. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
  3. Admisión e ratificación de altas e baixas.
  4. Exposición e aprobación do informe de xestión.
  5. Exame e aprobación do informe económico do exercicio pasado.
  6. Exposición e aprobación da liña de actividades para o próximo ano.
  7. Debate e aprobación do orzamento para o próximo exercicio.
  8. Rogos e preguntas.

No caso de teres interese en recibir máis información sobre a proposta de regulamento, por favor solicítao por correo-e a amesa@amesa.gal e serache enviado por ese mesmo procedemento.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis