Noticias da Mesa

Convocatoria Asemblea Xeral da Mesa pola Normalización Lingüística

Terá lugar o 30 de abril en Monforte

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Prezada compañeira,

Prezado compañeiro,

 

Convócase Asemblea Xeral de Socias e Socios que A Mesa pola Normalización Lingüística realizará o vindeiro 30 de abril en Monforte, no salón de actos do Centro Cívico (Paseo do Malecón s/n) ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11 horas en segunda convocatoria.

Como vén sendo habitual desde 2012 A Mesa vai realizar a súa Asemblea Xeral nun concello diferente de Galiza correspóndenlle a Monforte nesta ocasión.

 A orde de traballos é a seguinte:

 

  1. Debate e aprobación do Regulamento da Asemblea Xeral Extraordinaria.
  2. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
  3. Admisión e ratificación de altas e baixas.
  4. Exposición e aprobación do Informe de Xestión.
  5. Exame e votación do Informe Económico de 2015.
  6. Exposición, debate e aprobación, se proceder, da liña de actividades para o próximo ano.
  7. Debate e aprobación, se proceder, do orzamento para o próximo exercicio.
  8. Rogos e preguntas.

 
Se tes interese en recibir máis información sobre a proposta de regulamento, por favor solicítao por correo-e a amesa@amesa.gal e serache enviado por ese mesmo procedemento.

 

O grupo de traballo da Mesa de Monforte ten previsto a organización dun xantar con posterioridade á asemblea. Para participares só tes que enviar reserva ao enderezo amesa@amesa.gal

Se tiveres calquera dúbida ou quixeres formular calquera proposta para o seu debate na Asemblea, só tes que te dirixir ao enderezo amesa@amesa.gal, ou chamar ao local nacional: 981563885, a onde tamén te podes dirixir para actualizares os teus datos se for preciso.

 

Unha forte e animosa aperta

 

 

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016.

 

 

Asdo: Marcos Maceira Eiras

Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis