Ferrol Noticias da Mesa

Crowdfunding da Semente Trasancos para abrir unha escola de ensino primario

A Semente Trasancos é unha das seis Sementes, escolas de ensino en galego que está a funcionar en toda Galiza.

Semente Trasancos comezou a traballar hai 5 anos como proxecto educativo en galego para idades de 2 a 5 anos. Como as nenas e nenos, Semente crece coas súas necesidades e, a día de hoxe, é un dos poucos espazos de  garante o ensino integramente en galego. Para daren continuidade ao proxecto en Primario, como fixo en Compostela este ano Compostela, queren pór en andamento na comarca de Trasancos a primeira escola de Primaria das Sementes.

Semente Trasancos, tamén conseguiu a homologación que ten Compostela e, despois de meses de busca,  atopou un local que reúne as condicións necesarias para abrir Primaria en Trasancos que ten que mercar.

A financiación da compra xa se acadou mais precisan un mínimo de 35000€ en efectivo.

Podemos axudar a este proxecto entrando na páxina https://gl.goteo.org/project/vamos-a-por-primario e facendo unha achega económica

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis