Noticias da Mesa

De la Toja a Conjo: A Mesa continúa a recibir denuncias de agresións ao noso patrimonio toponímico por parte das Administracións

A Deputación de Pontevedra e o Concello do Grove patrocinan a deturpación da nosa toponimia, promocionando o concurso “Isla de la Toja”

O Sergas mantén a forma castrapizada “Conjo” nas portas do Hospital Psiquiátrico compostelán

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2014. Máis de trinta anos despois de que a Lei de normalización lingüística recoñecese que a única forma oficial e correcta de denominar os nosos nomes de lugar é a orixinal, isto é, a galega, e que esa debe ser, a todos os efectos, a única forma de rotulalos, A Mesa continúa a recibir queixas pola deturpación da nosa toponimia.

A asociación en defensa do idioma denuncia que en moitas ocasións son as propias administracións as que non respectan esta parte do noso patrimonio cultural, ou as que toleran a súa deturpación, como demostran dous casos denunciados esta mesma semana: La Toja e Conjo.

A Deputación de Pontevedra e o Concello do Grove patrocinan o VI Concurso nacional Canino “Isla de la Toja” (sic), cuxa cartelaría está a ser difundida con esta denominación deturpada co apoio económico destas institucións.

Neste sentido, desde A Mesa pediron que se cambie a denominación do concurso á súa forma correcta, Illa da Toxa, e se substitúa esta cartelaría que con cartos de todas e todos agrede a nosa lingua.

Marcos Maceira salientou que “o diñeiro das galegas e galegos non se pode utilizar para financiar agresións ao noso patrimonio”, indicando que non é de recibo que as administracións públicas financien actividades e cartelería que non respectan a lexislación. “A Deputación de Pontevedra non pode patrocinar con fondos públicos o desprezo cara á nosa lingua e a lexislación que a protexe” afirmou Maceira.

Por outra banda, A Mesa denunciou que a propia Xunta, que ten a responsabilidade legal e moral de defender o patrimonio toponímico de Galiza, manteña a forma castrapizada “Conjo” nas portas do Hospital Psiquiátrico compostelán, dependente do Sergas.

Conjo_REd

A Mesa dirixiuse a estas institucións solicitándolles a inmediata corrección destas deturpacións, ao tempo que presentou as pertinentes reclamacións perante o Valedor do Pobo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística para que interveñan.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis