Noticias da Mesa

Dúas novas iniciativas reclaman a galeguización de Apple e do Deportivo da Coruña

Trátrase de Queremos Apple en Galego e Depor en Galego. Como sempre todos os avances a favor da nosa lingua seguen a ser froito do impulso da sociedade. Desde A Mesa apoiamos estas iniciativas e animamos a participar nelas.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Queremos Apple en Galego

O día 7 de decembro de 2014 comezou a andar formalmente Queremos Apple Galego! Unha iniciativa que nace coa intención de lograr o éxito de conseguir a tradución de todos os sistemas operativos dos dispositivos de Apple #OS e #iOS.

#AppleEnGalego

Este é o seu manifesto:

O galego é a lingua dunhas 3.185.000 persoas segundo o Ethnologue, extendéndose pola totalidade do territorio da comunidade autónoma galega (onde é oficial), áreas de Asturias, O Bierzo, Zamora e Extremadura. Ademais é tamén falado pola ampla diáspora galega que se extende por todo o mundo.

Malia a súa complicada situación sociolingüística, o galego é unha lingua especialmente viva no campo das novas tecnoloxías, non só pola súa importante presenza como lingua de uso nas redes sociais (20ª lingua de uso en Twitter no ano 2009, moi por enriba do seu peso poboacional e amosando un amplo grao de adopción temperá), senón tamén pola existencia de potentes grupos de tradutores de software (especialmente software libre) e de moi activos desenvolvedores de aplicacións do máis diversas.

A pesar da importancia da nosa lingua, Apple aínda non inclúe a opción de idioma de galego.

Entendemos que unha comunidade lingüística da importancia da galega, cun número importante de usuarios, sobre todo no ensino, merece que a súa lingua conte xa como opción nos sistemas operativos de Apple.

É por iso que solicitamos a Apple que inclúa o galego como opción de idioma nos seus sistemas operativos, tanto no OS como no iOS.

Depor en Galego

A Iniciativa Dépor en galego nace coa idea de ser un punto de encontro de todas as siareiras e siareiros deportivistas, que queren mudar o nome do escudo da cidade a que representa ó Deportivo.

deporenegalego

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis