A Mesa pola Normalización Lingüística

Eco-campamento Alvarella 2016 oferta descontos a socias e socios da Mesa

 

 

Os eco-campamentos de verán en Alvarella (Pontedeume) forman parte dun amplo proxecto de educación ambiental e valorización do noso patrimonio, onde nenas e nenos, mozas e mozos, aprenden a protexer o medio ambiente, e a coñecer a cultura e o patrimonio do país utilizando a nosa lingua.

 

Este verán realizarase unha quenda de 7 días, do 26 de xuño ao 2 de xullo, para nenas e nenos de 7 a 13 anos (máximo 50).

O prezo para socias e socios da Mesa é de 295€. Para non socias e socios, de 325€

Nos dous casos contan cun 10% de desconto para a segunda/o irmá/n.

As preinscricións están aberta até o 1 de xullo no teléfono 981 78 45 63

Máis información en :

www.alvarella.com

 

ECOcamp Alvarella Documentación PDF

DIPTICO eco campa 2016 CIG PDF

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra