Noticias da Mesa

En galego… Festa rachada!

Axúdanos a difundir esta campaña pola promoción da música galega nas festas.

Comparte o vídeo nas túas redes sociais!

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

O galego é a lingua propia de Galiza . Porén, en moitos ámbitos, o galego  non é visíbel. Persisten os prexuízos de que o galego  non serve para as cousas importantes, para o que ten unha dimensión social, para o público. Mantense a vinculación do galego ao atraso, tamén aos ámbitos informais.

Hai quen pensa que o galego está ben para o falar na casa, cos amigos e amigas mais non ten o prestixio suficiente para o empregar na administración, nos medios de comunicación, no ensino… e tampouco na festa.

U-lo galego nas festas? A nosa lingua  non está presente en moitas  festas que hai no noso país ao longo de todo o ano.  A presenza da música en galego é anecdótica, unha ou dúas pezas para contentar o público máis nostálxico… O emprego do galego é algo folclórico. Mesmo ante un público galegofalante non usan a nosa lingua ou esta é obxecto de burla.

No verán estamos expostos e expostas á música española de moda. Non temos cancións galegas do verán.

Isto non é normal!

A música galega está viva.

Podemos escoller entre centos de grupos que usan a nosa lingua.

Podemos escoller o estilo do que máis gustemos: pop, rock, indie, blues, electrónica, heavy, rap,  jazz, clásica,  punk, reggae…ahhhh!!!, e tamén, folk.

Podemos rir, chorar, pensar, relaxarnos, desconectar, correr, bailar, ligar ou ir de troula coa música galega.

A música en galego  chega ao corazón, emociona; é parte da nosa historia, da nosa identidade; non nos deixa indiferentes.

É tradición, é parte de nós. Compartimos cancións varias xeracións. As nosas nais, avoas, os nosos pais, avós e demais parentes  transmitíronnos este patrimonio musical que nos alegra o ouvido e a vida.

Queremos máis festas como os festivais de Pardiñas, como o Revenidas, como o Intercéltico de Moaña, como a Festa da poesía, como o Irmandiño de Moeche, como o Lugnasad, como o Castañazo Rock, como a Festa da Carballeira…

Non queremos música casposa, nin discursos homófobos e sexistas nas festas.

Gustamos da festa rachada, de ir de troula, de esmorga, de ruada e,  sobre todo, de ir de festa coa música galega.

EN GALEGO… FESTA RACHADA!

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis