Cartaz Lomce: En galego sen límites

En galego sen límites. Non aos recortes ao galego. Asina

As modificacións introducidas coa LOMCE na carga lectiva de diferentes materias da ESO incrementan a discriminación da lingua galega por riba da que xa vén sufrindo por mor do Decreto 79/2010 de plurilingüismo. A aplicación da LOMCE ten como consecuencia nefasta que o alumnado de ESO teña 31 horas de docencia en español fronte a 18 en galego, se cursa ensinanzas aplicadas, e  21, se cursa ensinanzas académicas. É dicir, o alumnado recibe 13 horas menos de docencia en galego ca en español na modalidade de ensinanzas aplicadas e 10 menos nas académicas, no conxunto da ESO. Son datos que se suman á redución da presenza do noso idioma nas aulas por causa do Decreto 79/2010: ausencia de medidas destinadas á inmersión na nosa lingua na educación infantil en contornos castelán falantes, redución do uso vehicular do galego a un terzo ou menos dun terzo nos centros plurilingües, prohibición do uso do galego nas materias técnicas que teñen a función de connotar positivamente o uso da nosa lingua, ausencia de concreción das materias e dos módulos que deben ser impartidos en galego en niveis como EPA ou FP, etc.; medidas absolutamente desaconselladas por persoas expertas e moi eficaces para restar falantes ao noso idioma.

Esta é a realidade, non a que nos pretenden trasladar facéndonos crer que estamos nunha situación de normalidade. A nosa lingua está oprimida por unha lexislación que lle impide respirar e que a afoga cada día máis. O lingua galega precisa espazo e hoxe máis que nunca necesita que o ámbito educativo aposte decididamente pola normalización plena, pois é xa a única ferramenta que pode impedir que o noso idioma se vexa cada día máis reducido por uns usos sociais que non lle dan ningunha oportunidade. Se na rúa, no comercio, no ocio, nos medios de comunicación, no cine, na prensa ou na televisión o alumnado non atopa referencias para poder desenvolverse en galego, a escola ten que darlle esa ferramenta e ten que garantir que o día de mañá sigan sendo galegas e galegos e iso só pode ser posíbel se falan galego. Porque a lingua é o que nos identifica, sen ela, como dixo Manuel María, non somos ninguén.

Unha política lingüística verdadeira, que realmente queira garantir a pervivencia da nosa lingua, só pode propor, hoxe por hoxe, que o ensino sexa en galego. Será o único medio de construír o seu futuro.

Por iso propomos que se elabore un novo decreto que aposte polo ensino en galego, sen escusas nin subterfuxios, e que a Consellaría demostre un compromiso coa nosa lingua adoptando a primeira medida que redundaría no incremento do seu uso: a derrogación inmediata do Decreto de plurilingüismo.

689 apoios para esta campaña.

  1. Ana Belen Breijo Gundin · 1348
    Hai 5 anos · Comercial · San Sadurniño
  2. Francisco Rey García · 1347
    Hai 5 anos · Investigador pósdoutoral - Ciencias · Caión
  3. Antonio Saa Tesouro · 1346
    Hai 5 anos · Funcionario · Maceda
  4. Natalia Sanmartín Taboada · 1345
    Hai 5 anos · profesora de linguas · Vilagarcía de Arousa
  5. Manuel gonzález prieto · 1344
    Hai 5 anos · Guía de museo · Compostela
  6. Mónica Roca Ares · 1343
    Hai 5 anos · Guitiriz
  7. Encarna Beiro · 1342
    Hai 5 anos · Investigación Clínica · Compostela
  8. Paulo Filgueiras Fachal · 1341
    Hai 5 anos · Profesor · Miño
  9. Brais Vigo · 1340
    Hai 5 anos · ------ · Galiza
  10. Daniel Padin Gonzalez · 1339
    Hai 5 anos · Xestor de operacións · Sanxenxo
  11. Mar Hermida Pico · 1338
    Hai 5 anos · Nai · A Coruña
  12. María Tato Sebio · 1337
    Hai 5 anos · TES · Santiago
  13. Raúl bugalho · 1336
    Hai 5 anos · ensino · ferrol
  14. Begoña Varela García · 1335
    Hai 5 anos · Educadora infantil · A Corunha
  15. Damián Valverde Rodilla · 1334
    Hai 5 anos · desempregado · Tomiño

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra