En Marea apoia o manifesto a prol da pluralidade lingüística que promove a Mesa, xunto con entidades do resto do Estado

Compostela, 14 de maio de 2019.- A Mesa pola Normalización Lingüística reuniuse esta mañá en Compostela con Luis Villares, portavoz de En Marea, para presentarlle o Manifesto a prol da pluralidade lingüística: liberdade, igualdade, democracia promovido pola entidade de defensa dos dereitos lingüísticos, xunto con entidades do resto do Estado, como Kontseilua (Euskal Herria), Ómnium Cultural, Ciemen e Plataforma per la Llengua (Cataluña), Acción Cultural del País Valencia (País Valenciá), Obra Cultural Balear (Illas Baleares), Nogará (Aragón) ou Iniciativa pel Asturianu (Asturias). Villares amosou o apoio de En Marea ao manifesto, que xa asinaron máis de 1350 persoas a través da páxina web da entidade de defensa dos dereitos lingüísticos. Quen queira sumarse, pode facelo seguindo esta ligazón.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra