Noticias da Mesa

ENDESA.- Membros da Mesa das Pontes reuníronse co delegado territorial de Endesa para exixirlle que a empresa use o galego

A Mesa enviou cartas á compañía eléctrica en reiteradas ocasións con esta demanda, mais sen recibir resposta

O delegado de Endesa para o Noroeste peninsular, Francisco Aréchaga, comprometeuse a dar traslado da reivindicación perante a dirección da compañía

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Membros do grupo local da Mesa nas Pontes de García Rodríguez mantiveron esta pasada semana unha xuntanza co delegado territorial de Endesa para o Noroeste peninsular, Francisco Aréchaga, para trasladarlle directamente as moitas queixas recibidas pola asociación polo feito de a eléctrica non empregar o galego nin na emisión das súas facturas nin no envío de comunicacións e publicidade ás súas e aos seus consumidores en Galiza.

A Mesa dirixírase con anterioridade en reiteradas ocasións a Endesa -a última, en febreiro deste mesmo ano -para demandarlle igualdade de trato coa súa abondosa clientela galega canto ao uso da lingua propia do país, recordándolle que Endesa si emprega con normalidade o catalán nas súas relacións coas consumidoras e consumidores dos territorios onde se fala esa lingua.

Francisco Aréchaga amosouse receptivo á reivindicación e comprometeuse a trasladala á dirección da compañía eléctrica. A Mesa estará ben atenta ás novidades que houber!

Se estás cunha compañía eléctrica que non emprega o galego na súa facturación ou no envío das súas comunicacións fáinolo saber mandándonos un correo-e cos teus datos a linhadogalego@amesanl.org

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis