A web Manzaneda.info négase a dar a información en galego

Un usuario mostrou unha queixa e a resposta foi de desprezo ao galego

A páxina utiliza elementos semellantes á estación de Montaña que tamén destaca pola exclusión do galego na web e nas redes sociais

 

Un usuario da páxina manzaneda.info mostrou unha queixa pedindo que tamén se ofrecera a información en galego. A resposta dos xestores foi negativa á súa proposta e deulle como alternativa o uso de Google Chrome para traducir directamente o castelán ao galego.

A utilización por esta páxina de elementos semellantes á estación de montaña deu lugar a interpretar esta mensaxe como resposta da estación. Esta mensaxe pertencía realmente a www.manzaneda.info, que se definen como páxina non oficial da Estación de esquí de Manzaneda. Porén, a páxina oficial da estación tanto na web como nas redes sociais tamén se caracterizada pola exclusión da lingua galega.

A Mesa lémbralle a Estación de esquí de Manzaneda que aínda que sendo de xestión privada está participada ao 99% pola Deputación de Ourense e a Xunta polo que ten obrigas legais en canto ao uso do galego.

“Excluír o galego nunha empresa pública galega é desprezar o galego e á sociedade galega”, argumenta o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira.

O diñeiro das galegas e galegos non pode ser destinado a unha empresa que actúa como se a nosa lingua non existir polo que, A Mesa pide á Deputación de Ourense que tome medidas para garantir a presenza do galego e cumprir co dereito dos cidadáns a ser tratados nesa lingua.

Neste sentido a entidade en defensa da lingua propia de Galiza dirixíndose á Estación de esquí, á Deputación de Ourense como propietaria, á Xunta e á Secretaria Xeral de Política Lingüística.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra