A Mesa pola Normalización Lingüística

Evento no facebook para a manifestación do Día das Letras

Se tes perfil nesta rede social, podes apoiar e convidar a máis xente para que secunde a manifestación.

Se tes perfil no twitter, podes usar a etiqueta #17Mqueremosgalego

Hoxe creouse o evento no facebook para lle dar máis forza á manifestación nacional convocada para o Día das Letras pola plataforma Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa. Non deixes de secundalo e de convidar as túas amizades, no caso de teres perfil nesta rede social.

Ademais, no último plenario da plataforma tamén se acordou promover o uso da etiqueta #17Mqueremosgalego desde a rede social twitter. Precisamos da axuda de todas e todos para conseguir que teña moita forza!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra