Facenda non garante atención telefónica en galego

Ás reiteradas denuncias por a Axencia Tributaria non dispor de impresos en galego, temos que sumar a atención ás persoas que, lembramos, estamos na obriga de cumprir certos trámites con esta administración.

Centos de persoas queixáronse de que ao premeren a opción galego no atendedor da Axencia Tributaria non obtiñan resposta, permanecían agardando, ou directamente saía alguén sen posibilidade de dar atención en galego.

Optamos por facer a comprobación e tras varios intentos conseguimos que nos atendesen. Neste vídeo podes ver que acontece case sempre: a persoa que supostamente atende en galego non está dispoñíbel.

Temos dereito a sermos atendidas e atendidos en galego e que haxa persoal para facelo.

Queremos atención en galego. Queremos traballo aquí.

Podes apoiar esta campaña na seguinte ligazón

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra