Noticias da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística participará no Foro Europeo da Diversidade Lingüística en Donosti o vindeiro xoves 15 de decembro

O Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, participará nun coloquio no Foro Europeo da Diversidade Lingüística

O Foro de San Sebastián organizado pola casa da UNESCO reunirá a axentes, entidades e especialistas que traballan para a defensa e a promoción das linguas minorizadas europeas

Após o Foro, o 17 de decembro, terá lugar a presentación do Protocolo para a garantía dos dereitos lingüísticos

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

protokoloa batzorde zientifikoa

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2016-. O Foro de San Sebastián reunirá a axentes, entidades e especialistas que traballan para a defensa e a promoción das linguas minorizadas europeas, e acollerá relatorios, conferencias e debates en diversos formatos, onde se analizarán as dificultades existentes e identificaranse oportunidades. Este foro, organizado pola casa UNESCO e Donostia 2016 capital Europea da Cultura pretende pór en valor a diversidade lingüística como eixo clave en Europa.

A quinta feira (xoves) 15 de decembro o Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, participará nun coloquio no Foro Europeo da Diversidade Lingüística que estará presentado polo Secretario Xeral de Kontseilua (Consello dos organismos sociais do eúscaro), Paul Bilbao. Neste coloquio que leva por título O protocolo para a garantía dos dereitos lingüísticos, o que é? De onde vimos? Onde imos? participarán tamén representantes de Hizkuntz Eskubideen Behatokia (Euskal Herría) e Conradh na Gaelgie (Irlanda).

Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos

Este coloquio dentro da programación do Foro Europeo da Diversidade Lingüística celébrase previamente á presentación do Protocolo para a garantía dos dereitos lingüísticos.

O Protocolo de Donostia presentarase o día 17 de decembro no palacio de congresos do Kursaal, no marco do proxecto impulsado pola Fundación Donostia 2016 e Kontseilua, e suporá un importante fito na defensa dos dereitos lingüísticos.

Protocol banner 2Segundo sinalan os promotores do documento internacional, o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos será froito do proceso de acordo desenvolvido os anos previos para construír unha ferramenta que permita reverter a situación das linguas minorizadas e construír unha Europa baseada na igualdade entre as comunidades lingüísticas. O Protocolo será trasladado a foros e instancias internacionais para que institucións de diverso carácter utilíceno como instrumento regulador do seu compromiso coa diversidade lingüística”.

No Comité científico que desenvolveu as achegas das entidades sociais de toda Europa ao documento final, participou a profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro, que xa formara parte da redacción da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos de 1996, unha das bases para a elaboración do Protocolo de Donostia.

Entre as entidades galegas que xa manifestaron a súa adhesión ao Protocolo para a Garantía dos dereitos lingüísticos figuran A Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, a Asociación Profisional de actores e actrices da dobraxe de Galiza (Apradoga), a Coordinadora de traballadoras/es pola Normalización Lingüística, Escolas de ensino em galego A Semente ou Prolingua galega.

O texto do protocolo será traducido ao galego e difundido en diversos formatos tras a presentación do 17 de decembro.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang