A Mesa pola Normalización Lingüística edita unha guía turística alternativa de Santiago de Compostela en colaboración coa asociación cultural Cidade Vella e o Festival Feito á man.
A guía que pretende achegar a cultura e lingua galegas ás persoas que nos visitan, comeza cunha breve historia da cidade e alén de citar os monumentos máis representativos a visitar, tamén dá información de lugares onde tomar algo ou expresións simples en galego e inglés.
Os idiomas nos que está editada son galego e inglés.
Descargar guía turística alternativa de Santiago de Compostela